
Title | : | (G).VISITA DE OSIÑO, A.(TRAS OS MONTES) |
Author | : | |
Rating | : | |
ISBN | : | 8484648745 |
ISBN-10 | : | 9788484648741 |
Language | : | Galician |
Format Type | : | Hardcover |
Number of Pages | : | 64 |
Publication | : | Published July 1, 2015 |
“A visita de Osiño” narra o día no que o pequeno protagonista desta serie vai ver a Avoa e Avó Oso, con quen goza moito escoitando as súas historias. O ton coloquial e a espontaneidade dos diálogos, a inocencia e os bos modais por parte de Osiño, xunto coa complicidade dos avós, son aspectos esenciais no texto, que transmite ternura e empatía. Os contos que Avoa e Avó Oso lle contan a Osiño preséntanse como relatos independentes, que se suman ao capítulo de introdución e ao simpático desenlace da visita. A habilidade narrativa de Else Holmelund Minarik permite facer unha lectura global do libro, no que se plantexan cuestións como a liberdade ou a superación dos medos, ademais de poñer en valor a relación entre avós e netos, o diálogo mutuo e a transmisión de coñecementos e de afectos.